Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS: FOTOS

Bacelos04
Bacelos05
Prensa
Cine
Curso
Encontros
Xunta0105
Frases
INICIO
Maios04
Maios05
Maios06
Maios07
Maios08
Maios de Leiro 2008
Juan
11/05/2008

IMG_3856 _MG_4383 _MG_4385 _MG_4386
IMG_3856.jpg         _MG_4383.jpg         _MG_4385.jpg         _MG_4386.jpg        
_MG_4389 _MG_4401 _MG_4404 _MG_4419
_MG_4389.jpg         _MG_4401.jpg         _MG_4404.jpg         _MG_4419.jpg        

 

 

MAIOS DE LEIRO: ANO 2008

     A Asociación Alvaro das Casas e o Concello de Leiro organizaron o 5º concurso de maios do Ribeiro, que tivo Lugar en Leiro, o día 11 de maio do ano 2008.

    

     No apartado de MAIOS TRADICIONAIS (maios con forma cónica ou piramidal) presentáronse dous.

     No apartado de MAIOS ARTÍSTICOS (os demáis, de tema e forma libre) presentáronse tres.

    Presentáronse tamén catro coplas.

    Foi moi emocionante ver que había moitos nenos do colexio de Cenlle e que cantaron as coplas con moita ilusión.

    Este ano os artífices dos maios foron un grupo pertencente á Coral Val do Avia, e mais un grupo de profesores e alumnos do colexio de Cenlle. E a alma de todo o invento, foi, coma tódolos anos, Celso Dominguez. Él fai coplas, invita á xente, axuda nos maios, organiza o papeleo, busca os cartos para os premios, actúa de secretario no xurado, le as coplas... Celso é o que move todos os fíos, os visibles e os invisibles. Sin Celso non hai maios. Por iso temos que decir alto e claro: ¡¡¡Grazas Celso!!!.

Os premios quedaron repartidos da seguinte maneira.

Premios:

Premios coplas:

Primeiro premio: Maio Florido. Colexio de Cenlle.

Segundo premio: Cregos. Grupo Coral Val do Avia, de Leiro.


Premios maios tradicionais:

Primeiro premio: Alfaia. Colexio de Cenlle.

Segundo premio: Pampullos. Grupo Coral Val do Avia, de Leiro

Premios maios artísticos:

Primeiro premio: O canastro. Grupo Coral Val do Avia, de Leiro.

Segundo premio: Afiador. Grupo Coral Val do Avia, de Leiro.


Premios maios colexios:

Primeiro premio: A Ponte. CEIP de Cenlle.

 

     Ademáis tódolos participantes recibiron unha rosca e os que non levaron premio recibiron 30 euros.

     A festa estivo moi animada e concurrida. Fixo un día soleado a alegre. E foi unha verdadeira festa popular, na que o principal protagonista foi a xente de Leiro e os visitantes procedentes doutros concellos, tanto os adultos, como os nenos.

Coplas maios 2008

MAIOS DE ANOS ANTERIORES

 

 

Este é o maio,
maíño é;
e ste é o maio
que baila de pé.

Este é o maio
que vai polas hortas
cargadiño
de mazarocas.

Eu leveille o maio
a unha señorita
e non tiña que dar
mais que a falda e a camisa.

Eu leveille o maio
a unha costureira
e non tiña que dar
mais que a punta da tixeira.

(Estas coplas foron recollida o día 6-5-2006 en San Clodio por Celso Dominguez da boca de CARLOS CERVIÑO AMEIJEIRAS (de 77 anos de idade, segundo pola dereira na foto de arriba), quen as aprendeu cando era neno da boca da súa mai MARIA AMEIJEIRAS GONZÁLEZ. E Don Carlos Cerviño Ameijeiras dice que estas complas teñen mais de cen anos. O cal proba que a tradición dos maios é moi antiga no concello de Leiro)

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas