Asociación Alvaro das Casas. Fotos da xuntanza do día 28-01-2005 en Esposende. / ola
Juan
28/01/2005

Anterior Inicio Siguiente

 

ola

A ola. Lembranzas de cando neno. Viña o "oleiro" dende Maceda, cargado de olas. A xente mercáballas. Cada ola leva dazaséis litros.

Olas para ir buscar auga á fonte. As mulleres puñan unha rodela na cabeza. Unha rodela feita dun trapo vello. Enriba puñan a ola, vacía cando ían camiño da fonte, e chea de auga cando volvían camiño da casa. Moitas veces na fonte xuntábanse con outras mulleres e botában unha parrafada. Ás veces eran as mozas as que ían á fonte e alí topábanse con outras mozas, ou co mozo que as estaba agardando ou que casualmente pasabo por alí. Fonte: lugar de encontro e relación social; lugar de coñecemento; fonte de amor fresco.

Logo na casa había xa un sitio para colocar as olas. Un moble que non me lembro cómo se chamaba, e que xa tiña uns buratos feitos á medida onde se encaixaban perfectamente as olas.

Auga fresca dentro. Auga que se botaba no latón que había para toda a familia. O mesmo para todos. Auga fresca que se bebía e que sabía a gloria. Fonte de ledicia.

¡Auga=vida!.

¡Tempos aqueles: cando as cousas tiñan valor!