Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

INICIO
Presentación
Historia
Feitos
Bacelos
Maios
Encontros
Curso viño
Curso mocidade
De cine
Fotos
Prensa
Ridimoas
Lingua
Don Alvaro
Frases
Pazo dos Ulloa (turismo rural)

O nacemento da asociación Álvaro das Casas

(Esto foi o día 7-2-2003):

     En Esposende, no pazo dos Ulloa, mesmo o pé do pequeno regato que separa os concellos de Ribadavia e Cenlle, a carón dunha lareira que garda na ialma das suas pedras moitas historias de séculos pasados... está a galeguidade de parto, dando a luz unha meniña que se vai chamar "ASOCIACION ÁLVARO DAS CASAS".

     Don Álvaro viviu nesa casa, e quentouse moitas tardes de inverno nesa lareira... E o espíritu de don Álvaro está inspirando este parto.

     A asociación que nace quere recuperar a figura de don Álvaro, e quere promover o teatro e as artes escénicas, a educación no respecto e no amor ó medio ambiente, e o fomento do amor a Galicia entre a mocidade; todo iso tal como fixo no seu día o noso precursor, o galego don Álvaro.

     Agardamos que o parto non sexa moi doloroso, e que a meniña veña con ben, e que veña ó mundo fermosa, forte e chea de enerxía nova. E que teña unha longa e fecunda vida que redunde en beneficio do Ribeiro e do Arenteiro, de Galicia e dos que en Galicia vivimos.

     Dende aquí desexámoslle un gran futuro a esta nena galega que está nacendo e que se vai chamar ASOCIACION ÁLVARO DAS CASAS

Un día, nun lugar, houbo unha xuntanza: Esposende, 7-II-03.

 

O "bautizo solemne" da asociación Álvaro das Casas

(Esto foi o día 8-3-2003):

 

CONSTITUCIÓN DA ASOCIACION ÁLVARO DAS CASAS

     O sábado, día 8 de marzo de 2003, ás 13:00 tivo lugar no pazo dos Ulloa de Esposende, sito no Concello de Ribadavia, o acto de constitución solemne da asociación Álvaro das Casas. Esta asociación pretende recuperar a figura do galego Álvaro das Casas e promover accións en defensa do Medio Ambiente e da Natureza, do Teatro galego e das artes escénicas en xeral, da mocidade, e a prol doutras cousas que tamén defendeu o señor Álvaro.

     O acto deu comezo ás 13:00 coa descuberta dunha placa na fachada do pazo. Acto seguido, na adega do pazo, Carmen foi presentando as intervencións de diversas persoas que falaron de don Álvaro, das súas ideas e obras, e da súa galeguidade: -Xosé González -Avelino Muleiro - Modesto Hermida como representante do PEN Club -Xosé Benito Reza- .... e outros moitos. Rematou o acto coa intervención de don José Luis Baltar Pumar, presidente da Deputación de Ourense. A música púxoa, moi ben posta por certo, a Coral do Casino do Carballiño. Despois, unha vez rematado o acto, degustamos un bo viño no propio pazo.

     Despois xantamos, respirando galeguidade nunha tarde moi fermosa de sol, luz e ledicia por dentro e por fóra.

Os tres presidentes: Xosé González (presidente da fundación Premios da Crítica), Avelino Muleiro (presidente da asociación Álvaro das Casas), e José Luis Baltar (presidente da Deputación de Ourense).... ¡que presidan ben!!!...

Placa descuberta o 8-3-2003 no pazo dos Ulloa de Esposende onde morou don Álvaro das Casas

O ceo azul da galeguidade

Algúns dos asistentes ó acto do 8-3-2003

Algúns galegos ilustres

Música por dentro e por fóra... xantar e ledicia.... un bo camiño para facer unha Galicia mellor.

 

A "infancia feliz" da asociación Álvaro das Casas

Outono do ano 2003

     En outubro do ano 2003 escribiamos o seguinte: "A asociación Álvaro das Casas está tendo unha infancia felíz. Vai medrando pouco a pouco en corpo e proxectos. Levamos xa unhas cantas reunións no pazo de Esposende. E cada día que pasa súmase máis xente. Agora mesmo andamos traballando na organización dos dous primeiros cursos: Un curso sobre o Viño, para aprender cousas sobre esta alma líquida do Ribeiro. E outro curso sobre os temas que preocuparon a don Álvaro de las Casas: Mocidade, Escea, Galeguismo, Ecoloxía. Este mes de outubro vai a ser fundamental para a consolidación da asociación. Estamos traballando con moita fe e moita ilusión. E agardamos que todo redunde en beneficio da comarca do Ribeiro e das súas xentes".

(Reunión do día 4 de outubro de 2003, no pazo de Esposende)

A "confirmación" da asociación Álvaro das Casas

Outono do ano 2003

     A asociación Álvaro das Casas rematou a súa infancia feliz, fixo ben os deberes, e quedou confirmada ó levar a cabo con éxito os cursos sobre O VIÑO e sobre ÁLVARO DAS CASAS E OS SEUS TEMAS.

     No mes de outubro de 2003 empezaron a recollerse os froitos do traballo desenvolvido ó longo de todo o ano:

     -O día 7 de outubro de 2003 tivo lugar unha rolda de prensa en Ribadavia na que se presentaron os dous cursos seguintes e outras actividades da asociación. Magnífica.

     -O 8 de outubro do 2003 empezou un Curso sobre o viño. Este curso desenvolveuse seguindo o programa previsto e rematou con éxito. Foi un fito moi importante.

     -Os días 16, 17 e 18 de outubro de 2003 tivo lugar un curso sobre Álvaro das Casas e os séus temas: Mocidade, escea, galeguismo, ecoloxía. Este curso estivo organizado pola asociación Álvaro das Casas, en colaboración co vicerrectorado de planificación e desenvolvemento do Campus de Ourense e coa facultade de Ciencias da Educación. Contou coa colaboración da excma. Deputación de Ourense e de varios concellos da bisbarra. Tivo unha duración de 30 horas. Asistiron ó redor de 60 persoas.

     O curso sobre Álvaro das Casas e os seus temas foi todo un éxito. As persoas que nel interviron pódense ver no programa. Ademais de aprender moitas cousas, tamén houbo momentos nos que se xuntaron a aprendizaxe co lecer, como por exemplo na proxección en Allaríz da película "A lingoa das bolboretas" e na mesa redonda que a seguíu, con intervención de Miguel Anxo Fernandez, José Luis Cuerda e Uxía Blanco. (Por certo, que Uxía, leva de primeiro o mesmo apelido que levou don Álvaro de segundo: Blanco). Tamén houbo momentos de inesquecible lecer na visita guiada a Ridimoas. Aquí pódense ver algunhas fotos do curso.

 

 

A "vida" da asociación Álvaro das Casas

Noticias de prensa aparecidas no mes de febreiro de 2004:

     - La Región do día 14-02-2004: a felicidade, a tradición e o carpe diem.

     - La Voz de Galicia do día 15-02-2004: "Registrando la sabiduría de los mayores".

 

A asociación Álvaro das Casas segue viva e traballando. Veleiquí algunhas outras cousas feitas:

"ENCONTROS COA TRADICCIÓN"

     -O sábado día 7 de febreiro de 2004 empezaron no pazo dos Ulloa de Esposende os "ENCONTROS COA TRADICIÓN". Moderados por Clodio, cinco sabios das comarcas do Ribeiro e do Arenteiro falaron con ledicia e tino das súas lembranzas de xuventude. Hoxe tocou falar do tema das "festas". Foi un encontro moi ameno e interesante. A xente maior é un pozo de sabedoría. E convén que ese tesouro non se perda. Esta primeira xuntanza foi todo un éxito: os participantes pasárono ben e dixeron cousas moi interesantes; houbo incluso público escoitando a conversa; houbo tamén representación do periódico "LA REGION". Rematamos todos moi contentos. Así saiu a noticia no periódico LA REGION do domingo día 8 de febreiro 2004, na páxina 19, baixo o título: LOS ABUELOS GRABAN SU MEMORIA EN CD.

Aquí temos algunhas fotos:



Ver máis fotos de esposende

     -O sábado 14 de febreiro de 2004, dende as cinco ata as oito do serán seguiron en Esposende os "ENCONTROS COA TRADICIÓN". A xente atópase cada vez máis na súa salsa. É un proxecto xenial.

     -O sábado, día 28 de febreiro de 2004, ás 17:00, continuaron no pazo dos Ulloa de Esposende os "ENCONTROS COA TRADICIÓN". Catro persoas -dúas de San Andrés, unha de Beade e outra do Carballiño- conversaron durante dúas horas contando como eran as festas dos seus pobos nos tempos da súa mocidade. Clodio levou, como sempre, con arte e mestría o fío da conversa. O lume da lareira non parou de arder. E, pechando os ollos, subimos ó ceo e voamos co seu fume ó tempo lonxano dos soños e das lembranzas. Os que asistimos como público pasamos unha fermosa tarde. Fotos aquí.

 

PREMIOS BACELO DE PRATA

 

O Xurado na xuntanza de 24 de abril de 2004 concedeu os premios BACELOS DE PRATA a:

     -A COOPERATIVA VITIVINÍCOLA DO RIBEIRO, por seren unha entidade representativa e pioneira en Galicia na recuparación do viño como producto e como cultura e pola utilización de referentes lingüísticos, xeográficos e persoais, na etiquetaxe das súas marcas máis emblemáticas: PAZO RIBEIRO, BRADOMIN, VIÑA COSTEIRA, ALEN DA ISTORIA...

     -A LOIS ANXO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, por ter nas súas marcas máis significativas: VIÑA DE MARTÍN, no branco, e A TORNA DOS PASÁS, no tinto, ámbolos dous de calidade recoñecida, a normalización da lingua no seu etiquetado e os distintos soportes de difusión que utiliza.

     O día 8 de maio de 2004, nun acto solemne, tivo lugar a entrega dos premios BACELO DE PRATA no pazo dos Ulloa de Esposende, con asistencia de importantes personalidades, e con música de arpa e fermosos discursos. O día vestiuse cun sol fermoso e o acto resultou todo un éxito. Tamén se entregou ós asistentes unha reproducción comentada do manifesto UCRA. E así mesmo entregáronse os correspondentes diplomas ós que asistiron ó curso do Viño.

Aquí hai algunhas fotos.   

Discurso de don Avelino Muleiro.

Discurso de don Xosé González Martínez.

RECUPERAR A TRADICIÓN DOS MAIOS EN RIBADAVIA E LEIRO

     Un dos proxectos da asociación é o de botar a andar a FESTA DOS MAIOS nos concellos de Ribadavia e Leiro. É esta unha festa moi tradicional na provincia de Ourense. En Ourense capital celébrase dende hai moitos anos, e o mesmo sucede en varias vilas e pobos da provincia. Veleiquí algunhas fotos dos maios que se presentaron no Carballiño no ano 2003.

 

     O día 20.04.04 fíxose a presentación dos Maios na Casa da Cultura de Ribadavia. Coa participación de: Clodio, Celso, Pepe, Avelino, Sierra e o alcalde de Leiro e a concelleira de Cultura do concello de Ribadavia. Presentáronse as bases dos maios. Pretendendo que sexa un acto dirixido fundamentalmente ós rapaces dos colexios. Proxectouse un video con un documental sobre os maios.

     A celebración da festa dos maios tivo lugar o día 9 de maio de 2004 en Leiro. Parecía que ía chover, pero non, o tempo respetou os primeiros maios de Leiro deste milenio. Incluso saíu un pouco o sol. Participaron cinco maios de Leiro, un de Ribadavia e outro de Santa Cruz de Arrabaldo. A verdade é que había algúns moi fermosos. Tamén había coplas, algunhas das cales foron cantadas con moito estilo polos nenos do colexio de Leiro, que pedían un polideportivo para xogar. Os premiados foron:

     -As mellores coplas: OS DA CRUS DE PAU (Val do Avia)

     -O mellor maio tradicional: CEIP EMILIA PARDO BAZAN, DE LEIRO

     -O mellor maio artístico: SOCIEDADE DEPORTIVA E CULTURAL "ARRABALDO", de SANTA CRUZ DE ARRABALDO

Ver fotos

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas