Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

INICIO
Presentación
Historia
Feitos
Bacelos
Maios
Encontros
Curso viño
Curso mocidade
De cine
Fotos
Prensa
Ridimoas
Lingua
Don Alvaro
Frases

Bases

BACELOS DE PRATA 2008:

 

Acta do xurado da V edición dos Premios BACELOS DE PRATA.

"Sendo as 12.30 horas do día 29 de marzo de 2008, reúnense, no Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia os membros do xurado da V edición dos premios BACELO DE PRATA, D. Avelino Muleiro García, Presidente da Asociación Álvaro das Casas, D. Antonio Oca Fernández, Director Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Xunta de Galicia; D. Rafael González Escudero, Sumiller; D.Luís Anxo Rodríguez Vázquez, Presidente do Consello Regulador do Riberio e enólogo; D. Antonio Cajide Gulín, Adegueiro premiado edición anterior e actuando de Secretaria Dª Carmen Pérez Vaquero, Secretaria da Asociación Álvaro das Casas, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas, acordan conceder os PREMIOS BACELOS DE PRATA nesta edición a:


A ADEGAS MARTÍN CÓDAX: pola utilización da lingua galega dende o ano 1985 na etiquetaxe e publicidade interna e externa, que fai das súas marcas: MARTÍN CÓDAX, ORGANISTRUM, etc… todas de grande calidade e recoñecido prestixio internacional e polo seu compromiso na aposta cultural que a empresa utilizou como catalizador da tradición galega apoiando grupos de música medieval ou incluso premios de poesía en galego. Considera o xurado que a súa dinamización cara ao noso idioma servíu de ejemplo a moitas adegas que hoxe tamén apostan pola galeguización dos seus produtos como sinal de identidade e calidade.

A ADEGA ALGUEIRA: polo compromiso na utilización da lingua galega nas súas marcas: ALGUEIRA e BRANDÁN de grande calidade e pola aposta persoal na recuperación dunha maneira de cultivo e dun entorno milenario que conforman as súas viñas e un determinado lugar de orixe. Considera o xurado que o orgullo co que aposta por un viño de calidade, en galego, é fundamental para espallar a riqueza da nosa lingua e cultura.


Sendo as 14,15 horas dase por rematada a xuntanza do que como Secretaria do xurado dou fe, asinado ao pé os membros do xurado desta V edición".

Os premios entregáronse o 3 de maio de 2008 nun acto solemne en Exposende.

Discurso do Presidente D.Avelino Muleiro

Algúns dos asistentes ó acto solemne de entregas dos Bacelos de Prata 2008


Acta do xurado da IV edición dos Premios BACELOS DE PRATA.

"Sendo as 13,10 horas do día 14 de abril de 2007, reúnense, no Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia os membros do xurado da IV edición dos premios BACELO DE PRATA, D. Avelino Muleiro García, presidente da Asociación Álvaro das Casas, D. Antón Pulido Novoa, pintor e deseñador gráfico; D. Xosé María Fonseca Moretón, Presidente das Adegas Terras Gauda, premiado edición anterior; Dª Carme Pinal Veiga, profesora de elaboración de viños no ciclo Superior de Industria Alimentaria, especialidade de Enología no Centro A Granxa de Ponteareas; D. Carlos Manuel Blanco Blanco, enólogo e actuando de Secretaria Dª Carmen Pérez Vaquero, Secretaria da Asociación Álvaro das Casas, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas, acordan conceder os PREMIOS BACELOS DE PRATA nesta edición a:


ADEGAS MOURE, S. A.: por ser unha adega representativa e pioneira en Galicia na utilización de referentes lingüísticos, xeográficos e persoais, na etiquetaxe da súa marca máis emblemáticas: ABADIA DA COVA, de grande calidade e recoñecido prestixio internacional e polo compromiso na utilización da lingua galega no seu etiquetado e na publicidade que fai nos distintos soportes publicitarios, incluso en revistas especializadas fóra das nosas fronteiras, promocionando deste xeito a cultura do País.


A ANTONIO CAJIDE GULÍN, colleiteiro: por utilizar na súa marca máis significativa: SAMEIRÁS, de grande calidade, a lingua galega no seu etiquetado e na súa publicidade. Asi mesmo, considera o xurado que a súa sensibilización cara a utilización do noso idioma reforza a identidade cultural na zona do Ribeiro".

 

Os premios entregáronse o 12 de maio de 2007 nun acto solemne en Exposende.

Discurso do Presidente D.Avelino Muleiro

 

BACELOS DE PRATA 2006:       

Acta do xurado da III edición dos Premios BACELOS DE PRATA.

"Sendo as 13,00 horas do día 8 de abril de 2006, reúnense, no Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia os membros do xurado da III edición dos premios BACELO DE PRATA 2006, D. Avelino Muleiro García, presidente da Asociación Álvaro das Casas, D. Patricio Sánchez Bello, director da Escola Universitaria de Empresariais de Vigo e colleiteiro, D. Xosé Lois Sebio Puñal, enólogo e representante da adega premiado no ano 2005, D. Manuel Outomuro Seara, secretario da Delegación provincial da Consellería de Medio Rural en Ourense, D. Frutos Fernández González , profesor de Química, D. Francisco J. Fernández Pérez, farmacéutico e Alcalde de Leiro, D. Adolfo Collarte Pérez, enxeñeiro técnico agrícola e actuando de Secretaria Dª Carmen Pérez Vaquero, Secretaria da Asociación Álvaro das Casas, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas, acordan conceder os PREMIOS BACELOS DE PRATA nesta edición a:


ADEGAS TERRAS GAUDA, por seren unha adega representativa e pioneira en Galicia na utilización de referentes lingüísticos, xeográficos e persoais, na etiquetaxe das súas marcas máis emblemáticas: ABADIA DE SAN CAMPIO e TERRAS GAUDA, os dous de grande calidade e recoñecido prestixio internacional e pola utilización da lingua galega no seu etiquetado e na publicidade que fai nos distintos soportes publicitarios, incluso en revistas especializadas fóra das nosas fronteiras, promocionando deste xeito a cultura do país.


ADEGA CASAL DE ARMÁN, por ter nas súa marca máis significativa: CASAL DE ARMÁN, de calidade recoñecida, a normalización da lingua galega no seu etiquetado e na súa publicidade. Asimesmo, considera o xurado que a súa sensibilización cara a utilización do noso idioma reforza a identidade cultural na zona do Ribeiro".

Os premios entregáronse o 13 de maio de 2006 nun acto solemne en Exposende.

Discurso do Presidente D.Avelino Muleiro

.

Os dous representantes das adegas premiadas.

Pepe e Xoaquín, despois de rematar o acto.

 

BACELOS DE PRATA 2005:

O Xurado, na xuntanza de 2 de abril de 2005, concedeu os premios BACELOS DE PRATA 2005 a:

    -A ADEGAS GALEGAS-GRUPO GALICIANO, por ter nas súas marcas: VEIGADARES, GALICIA DIA E GALICIANO NOITE, DON PEDRO DE SOUTOMAIOR, DON PEDRO TEMPO, etc... todos eles de gande calidade e recoñecido prestixio internacional, a normalización da lingua galega no seu etiquetado e na publicidade que fai nos distintos soportes publicitarios, incluso en revistas especializadas fóra das nosas fronteiras promocionando a identidade cultural do País.

     -A DONA MARÍA ÁLVAREZ SERRANO, pola utilización da nosa lingua na etiquetaxe e na imaxe corporativa dos seus viños: COTO DE GOMARIZ, ABADÍA DE GOMARIZ, VX CUVÉ CACO, todos eles de calidade recoñecida, así como pola dinamización e sensibilización que produce o seu esforzo empresarial no medio agroalimentario que reforza a identidade cultural do Ribeiro.

Os premios entregáronse o 7 de maio de 2005 nun acto solemne en Exposende.

ver fotos

Discurso do Presidente D.Avelino Muleiro

 

 

BACELOS DE PRATA 2004:

O Xurado, na xuntanza de 24 de abril de 2004, concedeu os premios BACELOS DE PRATA a:

    -A COOPERATIVA VITIVINÍCOLA DO RIBEIRO, por ser unha entidade representativa e pioneira en Galicia na recuparación do viño como producto e como cultura e pola utilización de referentes linguísticos, xeográficos e persoais, na etiquetaxe das súas marcas máis emblemáticas: PAZO RIBEIRO, BRADOMÍN, VIÑA COSTEIRA, ALÉN DA ISTORIA ...

     -A LOIS ANXO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, por ter nas súas marcas máis significativas: VIÑA DE MARTÍN, no branco, e A TORNA DOS PASÁS, no tinto, ámbolos dous de calidade recoñecida, a normalización da lingua no seu etiquetado e nos distintos soportes de difusión que utiliza.

Os premios entregáronse o 8 de maio de 2004 nun acto solemne en Exposende.

ver fotos

Discurso do Presidente D.Avelino Muleiro

Intervención de D. Xosé González Martínez

Manifesto: colleita 2004 máis galega

  pie index fotos Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas