| ASOCIACION ALVARO DAS CASAS |
|||||||
BASES DOS PREMIOS BACELO DE OURO E PRATA
Un grupo de colleiteiros
do Ribeiro, presidido por D. Álvaro de las Casas, fundou, en 1936, a
U.C.R.A. (Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia). Esta Asociación
deuse a coñecer a través dun manifesto no que exponían
a súa filosofía gremial: acadar unha boa calidade na elaboración
dos viños e unha mellor distribución no mercado.
A Asociación Álvaro das Casas, recoñecendo o esforzo que moitos adegueiros e colleiteiros de Galicia están a facer por melloraren a elaboración do viño e gañar credibilidades nun mercado cada vez máis competitivo acorda:
1º.- Crear uns premios que non terán dotación económica.
2º.- Consistirán nunha medalla de prata deseñada polo artista Antón Pulido.
3º.- Excepcionalmente a Asociación concederá un terceiro premio, o bacelo de ouro, ó labor continuado daquela persoa ou institución que se teña distinguido por acrecenta-la calidade e boa sona dos viños galegos.
4º.- O Xurado será nomeado pola Asociación Álvaro das Casas e estará formado por persoas de recoñecida solvencia no eido da elaboración, do deseño, da promoción dos viños ou calquera outra actividade relativa ó mundo vitivinícola ou similar. Formarán parte, tamén, o Presidente e a Secretaria da Asociación, con voz pero sen voto.
5º.- As candidaturas a ditos premios poderán ser presentadas tanto polos membros do xurado como pola Asociación e decidiranse os mesmos nunha sesión deliberante que terá como sede o Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia, no mes de abril de cada ano.
6º.- Os premios entregaranse nun acto público que se celebrará na Adega do Pazo dos Ulloa no mes de maio.
7º.- O Xurado terá en conta, para a eleción dos premiados, en primeiro lugar a lingua utilizada para a etiquetaxe así como os elementos que conforman a imaxe corporativa, a creatividade das mensaxes publicitarias da marca así como a identificación cos valores culturais e lingüísticos de Galicia e en segundo lugar a calidade dos viños que se presentan a concurso.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
Benvid@, estás na túa casa
Contador