Os
días 21, 22 e 23 de setembro de 2005 a Universidade de Vigo e a Asociación
Alvaro das Casas organizaron un curso baixo o título: A SOCIEDADE RURAL:
UN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN.
Asistiron
ó redor de setenta alumnos, a maioría deles rapazas. Cando xa
estaba a piques de rematar o curso pedímoslle ós alumnos que cada
un deles aportase unha ou duas ideas para mellorar o sector rural galego. E
o resultado é o que se mostra de seguido. Copianse as frases literalmente
tal e como os alumnos as expresaron, coas súas mesmas palabras e no mesmo
idioma (galego ou castelán) nas que eles as escribiron. Son moitas ideas.
Algunhas son moi serias. Outras son simpáticas. Algúnhas repítense
en todo ou en parte. Pero todas son interesantes. Aquí están:
Resolver o problema do
minifundio. Elaborar unha nova lei de concentración parcelaria. Facer
que todas as fincas teñan un tamaño adecuado para a explotación
á que se van a dedicar.
Artellar novas formas
de concentrar a propiedade, como pode ser formando sociedades ás
que os propietarios aporten as terras que teñen nunha zona para xuntalas
todas e logo reorganizalas en novas parcelas de tamaño adecuado que
a sociedade propietaria as explote de forma racional, repartindo logo os
beneficios entre os socios en proporción á aportación
que fixo cada ún.
Ordenar o territorio.
Facer unha ordenación racional de todo o territorio galego. Establecer
os lugares polos que teñen que pasar as grandes vías de comunicación
e os lugares onde se teñen que poñer as industrias, as casas,
os cultivos, as superficies gandeiras, os bosques, etc.
Facer un estudio serio do territorio galego para
decidir cal é o uso máis adecuado de cada zona: haberá
partes de Galicia que se deben adicar á agricultura, outras que serán
mellores para a gandeiría e outras nas que convén prantar
árbores. E dentro de cada zona facer un estudio das características
da terra (solo, clima, orientación...) para ver cal é o producto
máis adecuado para cada parcela. Por exemplo dentro das zonas apropiadas
para a agricultura uns lugares serán bos para sementar patatas, outros
para as verduras, outros para o cereal, outros para o viño... Sumentar
en cada terra o cultivo que mellor se dea nela. E nos que se van a adicar
a usos forestales prantar en cada monte a especie arbórea que mellor
se adapta. E o mesmo nos que se destinen á gandeiría.
Evitar por exemplo que as terras que están
cerca das casas e que en tempos pasados estiveron destinadas a usos agrarios
agora cando deixan de cultivarse se enchan de árbores dun xeito irracional
e indiscriminado, porque esto pode ser unha das razón polas que os
incendios poden chegar ás vivendas. Se se fixera un uso racional
do territorio seguramente desaparecerían case de todo os incendios
forestais.
Reunir a todos os sectores implicados para elaborar
xuntos ese gran plan de ordenación do territorio: agricultores, gandeiros,
cazadores, arquitectos, ingenieros agrónomos, sindicatos, partidos
políticos, etc.
Formación da xente
para acabar co minifundio mental: "esta terra é miña
e nela fago o que me pete". Non é así. A propiedade ten
unha función social. Conleva uns dereitos, pero tamén uns
deberes, unhas cargas e unhas obrigas. O que ten un piso en Vigo entende
perfectamente que ten que pagar o IBI e os gastos de comunidade, incluso
no caso de que teña o piso cerrado e non faga uso del. Pero esa mesma
persoa pensa que se ten un monte en Esposende pode facer nel o que lle pete,
incluso telo abandoado e cheo de silvas, e pensa que ese monte non lle debe
acarrear gastos nin obrigas de ningún tipo. Pero non ter por qué
ser así: pódese esixir a quen teña unha propiedade
rural que a coide e que a destine ó uso que lle corresponda segundo
a ordenación racional feita en beneficio da colectividade. E se eso
implica que esa propiedade lle ocasiona máis gastos que ingresos
sempre ten a solución de poñela á venta. Deste xeito
aumentaríase a oferta e baixaría o prezo da terra, co cal
se facilitaría o acceso á propiedade daquelas persoas que
realmente queren adicarse a vivir do campo. E con eso tamén se favorecería
a concentración parcelaria, pois o que quere mercar terra para traballala
sempre procura mercar varias fincas que linden de maneira que con todas
elas pode chegar a facer unha parcela de tamaño adecuado.
Desamortizar a propiedade.
En Galicia hai moita xente que ten terras amortizadas: nin as cultiva, nin
as vende, nin as arrenda. A oferta de terra é moi ríxida.
E o prezo da terra é moi alto. Se os propietarios de terras tivesen
obrigas de coidalas e explotalas os que non o quixesen facer poríanas
en venta, co cal aumentaría a oferta de terra, baixarían os
prezos, e permitiríase o acceso á propiedade de quen quere
traballar a terra.
Facilitar a comercialización
dos productos galegos. Empezar por producir alimentos de calidade alta (non
ós tranxénicos, non ós pesticidas, non ás hormonas
de engorde do gando, etc). E logo informar ós consumidores para que
valoren a importancia da alimentación sana, a ventaxa de consumir
productos frescos, e a transcendencia que ten para todos que se consuman
preferentemente cousas da nosa terra. Incentivar ós supermercados
e grandes superficies para que ofrezan pruductos galegos.
Cambiar os nosos hábitos
de consumo. Que a nosa vida non dependa tanto do imperialismo das grandes
multinacionais. Nos non podemos cambiar o mundo de repente. Pero sí
podemos cambiar os nosos hábitos de consumo. Podemos mercar as mazáns
da horta da Hermosinda que se venden na tenda de Alfonso dous días
despois de recollelas da árbore, en lugar de mercar as que veñen
de Australia e que levan varios meses en cámaras frigoríficas.
Dignificar a vida no campo.
Que os que viven no rural teñan os servicios necesarios. E que se
descubran e valoren as ventaxas de vivir no medio rural, en contacto coa
natureza, sen contaminación, etc. Desterrar a idea de que os que
viven no campo "son menos" que os que viven na vila ou na cidade.
Proporcionar facilidades
á xente que vive no medio rural, dotándoa do necesario e investindo
en agricultura e deixar de dicir que non hai cartos e logo os políticos
vivan en pazos. Que hai cartos para todo !! Pois, polo menos, investilos
no que produce!!.
Concienciar á xente
mediante a educación (invertir en educación, que somos todos
moi ignorantes) que vivir no medio rural non é ser máis retrasado
ou inculto; facerlle ver á xente que o medio rural non é malo
nin menos que o urbano!!.
Crear infraestructuras
para la juventud que habita estas zonas rurales para evitar su despoblamiento.
Promocionar la creación
de casas rurales y fomentar el turismo.
Proporcionar centros para
atender las necesidades de los más desposeídos.
Fomentar el uso de información
para que la gente del mundo rural pueda acceder a diversas posibilidades
que solo están presentes en el ámbito urbano.
Ayudas para incentivar
la compra de viviendas en el medio rural y que aumente así su población
y el trabajo en la zona.
Charlas a la gente del
medio rural exponiéndole técnicas y conocimientos que les
permitan explotar de forma más eficiente los recursos de la zona.
Acabar co caciquismo.
A través de subvencións
ós gandeiros de pequenas explotacións, xq se só se
axuda ás grandes explotacións os que aínda están
a empezar non consiguen subsistir e non existirán iniciativas.
Deberíase axudar
á xente nova con axudas para reformar as casas rurais, como nunha
zona de Cataluña que non pagan impostos se reforman as casas para
vivir en pobos que foron abandoados.
Facer que os grandes almacéns
vendan productos de pequenos colleiteiros.
Mediante la educación
en el medio rural, creando talleres educativos en el propio medio. De este
modo conseguiríamos cambiar la cognotación negativa de los
jóvenes de ciudad o mismo del rural. Siendo imprescindible que estos
talleres formasen o integrasen el conjunto de asignaturas obligatorias de
los jóvenes menores de 16 años.
Gran comercialización
de la agricultura ecológica, incentivando a los jóvenes emprendedores
de ciudad a que apuesten por este sector, abriendo comercios cercanos al
consumidor final e invirtiendo en el rural mediante la contratación
de mano de obra, agrupando terrenos y pagando por estas extensiones a sus
dueños una renta anual, en función de la rentabilidad que
obtengan los arrendatarios por esas tierras anualmente.
Que os nosos políticos
durante catro anos vivan nunha aldea minifundista, con cortes de suministro
eléctrico, sen transporte público, sen cacacións remuneradas,
con baixos precios para os seus productos, con atrancos burocráticos,
con escasas axudas das Administracións, etc. Políticos que
van dende os alcaldes das vilas ata os ministros, pasando polos conselleiros.
Durante catro anos sofrindo en carnes propios
o que outros levan séculos. Seguro que se lles ocurren máis
de duas ideas. Reconvertiríanse nuns auténticos políticos
ó servicio da sociedade que os vota e que lles paga a nómina.
Es necesario que se vuelva
a las actividades del campo como hace unos años, y para ello no basta
con mejorar infraestructuras y medios para la vida en lo rural, sino que
además se invirtiese en trabajos y oficios. En este momento se empieza
con la agricultura y ganadería ecológica, pero no sé
hasta que punto es rentable para el campesino. Las casas de turismo rural
también están de moda, pero creo que todo esto debería
convertirse en un medio de vida y no sólo de ocio para algunos.
Si la administración
invirtiese en mejorar las infraestructuras viarias para que la comunicación
fuese más facil y las distancias entre puntos de población
disminuyesen, pudiendo plantarse vivir en urbanizaciones menos centralizadas
en la capital de provincia, que contasen con los servicios exigibles, ya
que nuestras carreteras son penosas y las mejoras siguen siendo insuficientes.
Se podrían emprender
políticas de viviendas protegidas y subvencionadas considerablemente
cuantiosas y no simbólicas y tan reducidas.
Favorecer la repoblación
del medio rural mediante ayudas a la puesta en marcha de nuevas explotaciones
para inmigrantes, para aumentar la población y por tanto evitar el
abandono. A medida que la población vaya creciendo se van a poder
poner en marcha diversos programas para modernizar el medio rural, porque
para mi el principal problema es que no hay gente que quiera quedarse en
las aldeas y por tanto va a ser dificil llevar a cabo cualquier medida.
Es necesario luchar contra la despoblación.
Rehabilitar edificio y
proteger aquellos que se consideren singulares y característicos
de cada zona para que tenga atractivo su visita.
Parques y cuidar las zonas
de valor paisajístico y medioambiental.
Dar a conocer las fiestas
típicas de cada pueblo.
Mellorar as estradas qeu
comuniquen as grandes cidades cos pobos cercanos.
Ofrecer un maior número
de actividades deportivas para os turistas: senderismos, mountain bike,
rotas a cabalo...
Crear un plan para mobilizar
as vivendas abandonadas do rural, a través de aluguer ou venda.
Implicar ós centros
educativos e ós mestres na revalorización do emprego nas actividades
agrarias, facéndoos partícipes da posta en marcha de iniciativas
de emprego no rural que poidan ter como protagonistas ós estudantes
cando estes rematen a súa formación e comecen a súa
vida laboral.
Dende as adminsitracións
(tanto a local como a autonómica, con competencias máis próximas
á problemática que a adminsitración estatal) procurar
o xurdimento de iniciativas de emprego, tanto en actividades agrarias como
industriais, no rural. Implicar ós funcionarios destas administracións,
volvendo a asignar competencias que foron perdendo a servizos como o de
Extensión Agraria.
Mobilizar o mercado de
terras e facer cumplir a lexislación que obligue á responsabilidades
coas propiedades rústicas por parte dos propietarios.
Fomentar la ida de la
gente a los pueblos cercanos a las ciudades, con la idea de que tendrán
un bienestar. A la gente que vive estresada por vivir en ciudad. Aumentar
la creación de polígonos, empresas, en el medio rural. Subvencinar
actividades en el área rural, poniendo más empeño y
dando más oportunidades. Ofrecer más medios para que sobreviva
la gente en las aldeas. Más calidad de vida.
Más incentivos
fiscales para los jóvenes que se queden a trabajar en los pueblos.
Desarrollo del turismos
rural.
Mejora de comunicaciones
y suministros.
Concentración parcelaria
para posibilitar el establecimiento de industrias agropecuarias rentables.
Fomentar la creación
de industrias de elaboración, transformación, envasado y comercialización
de productos agrícolas, ganaderos y forestales. Que no nos limitemos
a producir. Que todo el valor añadido se quede en empresas gallegas.
Que no sean empresas extranjeras las que se lleven la mayor parte del precio
que paga el consumidor final.
Unir concellos. Mancomunar
servicios. Suprimir estructuras inútiles. No tienen ningún
sentido municipios con 1.000 o 2.000 habitantes. (Comarcalización
del territorio).
Actuar sobre la propiedad
comunal de los montes. Muchos de ellos sobrepasan las 700 hectáreas
y están abandonoados y sin producir. Estos deben ser los núcleos
celulares básicos sobre los que se debe después impulsar en
las pequeñas propiedades individuales de Galicia. La industria forestal
debería ser una de las principales fuentes de riqueza del país,
incluso siempre cerrando ciclos como el del papel, y también dedicarse
a la producción de maderas de calidad.
Fomentar el asociacionismo
y cooperativismo agrario.
Vertebrar desde el Estado
políticas intervencionistas, pese a quien pese, en defensa de nuestras
producciones. Un ejemplo claro es el tema de la cuota láctea.
Cerrar ciclos productivos. Y en este caso de transformación
de productos leche>queso, por ejemplo, producimos pero no cerramos los
ciclos, y perdemos todo el valor añadido (IVE).
Asentar población
en el campo, aunque no sea en trabajos derivados del sector primario. Por
ejemplo los concellos debían comprar las casas arruinadas y restaurarlas
y ponerlas a la venta a personas jóvenes que viven en las grandes
ciudades y que no tienen acceso a las viviendas (así se produciría
una recolonización del territorio).
Facer un local social
en todos os pobos con servicios como teléfono, internet, sala de
xogos, calefacción, etc.
Poñer alumbrado
público e auga en tódalas aldeas, manténdoos en bo
funcinamento.
Os propietarios de casas
e hortas facer que as manteñan en bo uso e limpas e maleza.
Achegar a sanidade a todos
os pobos, desplazándose o médico un día á semana
a aldea, ou, doutra maneira, facilitar o desplazamento das persoas maiores
ó lugar sanitario.
Buenos accesos y un transporte
público que comunique con otros lugares cada hora o lo que se considere
necesario.
Facer un programa serio
de agricultura e gandería ecolóxica, intentando abranguir
dende a producción ata a chegada ó mercado. Con esto poderíase
solucionar algúns problemas do minifundismo galego.
Unhas cooperativas serias
e fortes que poidan regular os seus costes e precios de venta. (Ó
comprar máis productos poden conseguirse mellores precios, e tamén
ó vender xuntos impedir que os precios varíen moito). Algo
semellante a Hortoflor.
Coñecer ben o noso.
Tamén comparar o mellor e o peor noso cun pais punteiro (caso Noruega,
por exemplo).
Se se pode resolver o punto anterior, aplicar
unha política de implantación a longo prazo, con consenso,
e facela respetar (hai leis que non se cumplen, caso contrucción,
limpezas, etc).
Casas de protección
oficial en el medio rural, de calidad.
Mejorar el medio ambiente
de acuerdo con la tradición y no con la explotación económica.
Hacer casas de protección
oficial subvencionadas por la Xunta para atraer a más familias a
los pueblos más deshabitados.
Dar facilidades a empresas
para que se establezcan en el medio rural y así crear empleo.
Tratar de provocar a implantación
de industrias no rural, intentando así descentralizar os polígonos
e os grandes parques empresariais das cidades onde xa hai xente de sobra.
Dado que cada zona rural polas súas características (situación,
relevo...) será propicia para unha determinada actividade tampouco
se trata de implantar de todo porque sí. E eso pódese facer
facilitando terreos pola administración, e creando un mercado competitivo
e xusto para o que se produce.
Axudando a por en marcha
as ideas da xente nova que ó fin e ó cabo é a que ten
que crear o futuro no rural. Non se trata de dar unha subvención
ó principio e olvidarse deles, trátase de ter órganos
ós que poidan acudir cando teñen un problema, pero un órgano
que os escoite e AXUDE!.
Creación de novos
empregos no medio rural, con axudas a aquelas empresas emprendedoras con
novas iniciativas que desexen intalarse no campo. !Axudas, non trabas!.
Axudas para os agricultores,
suficientes, e non pequenas axudas que ó agricultor non lle abondan
nin para pagar o inicio da tarefa que desexa facer.
Así como mellorar as axudar por malas
colleitas ou danos por animais, porque un agricultor non pode sacar rendemento
dun cultivo cando o campo está plagado de anmais que a Consellería
de Medio Ambiente decide repoblar sen mirar as consecuencias que éste
trae ó medio e ás colleitas dos aldeáns e agricultores
da zona; e, despois de feito o dano, a Xunta de Galicia lávase as
mans, sen dar unha axuda pola perda desa colleita, ou polo menos que exista
unha alternativa.
Creación dun banco
de terras.
Mellora dos servicios
primarios básicos para tódolos pobos.
Presionar a las empresas
de telecomunicaciones para que llegue la ADSL a los centros rurales, lo
cual facilitaría la inserción de empresas en el medio rural.
Abaratar el suelo industrial
en el medio rural, ya que en algunos sitios rurales es más caro que
en centros urbanos como Ourense.
Crear máis postos
de traballoo máis preto do rural para así evitar os traslados.
Axudar á xente
xoven, e concienciar dende a escola que traballar no rural non é
menos digno que noutro sitio.
Mellorar a asignación
de axudas económicas por parte da administración. É
dicir, estas axudas deben ir dirixidas a prexectos previamente estudiados
por expertos que garanticen certo éxito.
Ademáis de guiarse
no coñecemento de expertos en diferentes materias, debe coñecerse
a opinión dos propios veciños. Esto pode conseguirse en asembleas
de veciños onde se expoñan os problemas que teñen.
Concienciar a las generaciones
más jóvenes del problema existente en el medio rural, por
medio de charlas en los colegios e institutos.
Dinamizar el entorno rural,
creando en él oportunidades de trabajo y ofreciendo los servicios
básicos, sin los cuales la gente seguirá abandonando los pueblos.
Sobre todo es necesario
que los políticos o los responsables no hablen por hablar. Hay que
vivir la situación para entenderla.
Melloras no transporte
público, para que así a xente poida desprazarse ata a cidade.
Realización de
máis actividades para a xuventude do fin de que esta non se desprace
e permaneza no pobo.
Subvenciones para fomentar
la recuperación del patrimonio rural y la conservación de
los entornos.
Atraer a matrimonio o
parejas jóvenes al medio rural ofreciendo viviendas a precios más
económicos.
Poner áreas de
entretenimiento como campos de tiro, campos de minigolf, o poner áreas
de deporte para futbol, baloncesto...
Rutas de senderismo y
deportes relacionados con la naturaleza (descenso en kayak, escalada, triatlón...).
(kayak).
Fomento de las casas rurales.
Promocionar y dar a conocer
la zona mediante fiestas medievales.
Dar publicidad a la zona
en internet.
Casa da xuventude.
Crear subvenciones para
que la gente pueda comprar casas en el medio rural, así como terrenos
para poder explotar.
Hacer campañas
de concienciación entre la gente joven del medio rural acerca del
futuro en este medio. Potenciar
los recursos turísticos de cada zona.
Potenciar a creación
de cultivos e explotacións ecolóxicas, e a formación
de cooperativas que a partir destes productos primarios fabriquen productos
elaborados, facilitándolles a xestición e comercialización
dos alimentos ecolóxicos.
Delegar no medio rural
a xestión e control de enerxias alternativas non contaminantes.
Tratar a terra como unha
mai e non como unha ... Non debemos limitarnos a explotala pensando soio
no noso beneficio a curto prazo. Temos que querela e coidala para transmitirllela
ós nosos fillos e netos.
Disminuir o uso de fertilizantes
e de outros productos que agreden a terra.
Facer unha política seria de control
sanitario dos productos alimenticios, que teña en conta a defensa
da saúde dos cidadáns e que non dependa dos intereses das
grandes multinacionais.
Prantar menos pinos e
eucaliptos e máis carballos e castiñeiros.
Consumir mais productos
galegos. Consumir
sempre que sexa posible productos frescos.
Apoiar o rexurdir das feiras e mercados
tradiccionais.
Coidar un tesouro que
está en peligro: os nosos ríos. Preservar a beleza da nosa
paisaxe.
Repensar a fondo a regulación
dos montes veciñais en man común. Están destinados
a ser aproveitados polos veciños do pobo correspondente, colectivamente.
En tempos pasados aproveitábase a leña, o pasto, a pedra...
Cada veciño facía uso deles na medida en que lle cumpría.
Pero agora xa non hai vacas, nin res, nin fai falta ir a buscar torgos nin
estrume. A vida cambiou. Agora algúns teñen pinos, outros
cotos de caza, outros canteiras, outros muiños de vento, etc. Tamén
hai outros que non producen ningún rendemento. E cando producen alguns
beneficios hai un montón de problemas para saber qué destino
se lle debe dar a eses beneficios. Cicais habería que buscar algunha
fórmula para que parte deses beneficios se poidesen repartir entre
os veciños, pois así estes terían unha renta suplementaria
que os axudaría a vivir mellor, e ademáis terían mais
preocupación por coidar o monte e por procurar que non ardese. Cicais
esta fose unha forma de evitar os incendios.
Outro tema interesante é o do arrendamento. Ás
veces preséntase unha empresa que quere arrendar unha parcela no
monte en man común. Pero a lexislación vixente so permite
os arrendos por un prazo máximo de once anos. E para moitos tipos
de usos este prazo é moi pequeno. Penso que se debería permitir
o arrendo de parcelas do monte por un prazo máis longo.
Acabar cos incendios forestais.
Analizar a fondo as causas dos incendios e tomar as medidas que sexan adecuadas
para acabar cos con eles. Erradicar as causas que dan lugar ós incendios.
Desterrar a "envidia"
do corazón e da cabeza dos galegos. Formar á xente para que
non volva a pensar eso de que "non importa que eu non medre, o que
importa é que o veciño non medre máis ca min".
Fomentar unha nova filosofía da
vida que non sexa puramente economicista, que non o cifre todo nos cartos
e na pura productividade medida numéricamente, senon que valore outras
cousas como a calidade da vida, da alimentación, do entorno, do aire
que respiramos, da paisaxe que miramos, da paz e da tranquilidade da xente
coa que nos relacionamos. Un mundo mais sano, con menos estrés, con
mellor alimentación e con máis relación social. Valorar
todo o bo que temos. E disfrutar con todos os tesouros que Galicia nos ofrece
de balde cada día.
Replantearnos en qué gastamos os
cartos. Durante séculos, durante milenios, a especie humana repartíu
os esforzos adicados a satisfacer as súas necesidades básicas
aproximadamente na seguinte proporción: 70% en procurar alimentos,
20% en vivenda e 10% en vestido e calzado. Nos derradeitos cen anos estas
proporcións cambiaron radicalmente no mundo occidental. Adicamos
máis do 50% dos nosos esforzos a pagar a vivenda. E o resto repártese
entre a comida e o vestido. Seguramente adicamos menos dun 25% da nosa renta
a comprar alimentos. Pagamos demasiados cartos pola vivenda e gastamos de
menos en alimentación. E aquí pode estar unha das causas da
crise da agricultura.
A calidade da vivenda ten mellorado moito nos derradeiros
cen anos. E tamén ten medrado moito o seu coste. E con elo aumenta
paralelamente a retribución das empresas que se adican a facer pisos.
Pero a calidade da alimentación non mellorou.
Temos moita mais abundancia de comida que fai cen anos. Pero o leite, os
ovos, a carne, ou as verduras que había fai cen anos eran de mellor
calidade. E cada vez queremos producir alimentos mais baratos, ainda que
sexan tranxénicos. E a renta dos productores de alimentos é
cada vez mais cativa. Por este camiño imos mal. Fundimos a agricultura
e adulteramos os alimentos (co cal perxudicamos a nosa saúde).
Penso que tiñamos que gastar máis
en comer e mellorar a calidade da nosa alimentación. Ainda que eso
nos supuxese adicarlle á comida un maior porcentaxe da nosa renta.
Sería xusto que así fose. Pois ó fin e o cabo o noso
corpo non está feito de ladrillos, senón de proteinas, de
hidrátos de carbono... Os alimentos son os que fan o noso corpo e
tamén os que lle dan forzas ó noso espíritu. A vivenda
é fundamental para a nosa vida, pero a alimentación aínda
é máis importante. Somos o que comemos. E debemos pagar máis
polo que realmente é mais importante.
A alimentación debería ser mellor
e máis cara. E os que producen os alimentos deberían gañar
mais e estar máis valorados socialmente. Poderíamos vivir
sen ladrillos, sen coches, sen ordenadores, sen televisión, e sen
outras moitas cousas que nos costan caras. Pero o que non poderiamos é
vivir sen alimentos. A agricultura é a base da subsistencia da especie
humana.
Temos que repensar cal é o verdadeiro valor
de moitas cousas. Na nosa calidade de vida debería ter moita máis
importancia o que comemos que a roupa que levamos, o piso do que presumimos,
ou a marca e modelo do coche no que saimos correndo, moitas veces fuxindo
de nos mesmos. Temos que pararnos a pensar qué cousas son as que
verdadeiramente nos importan. E nesas cousas verdadeiramente importantes
é nas que debemos gastar os nosos cartos.
pie index fotos
"O que converte a vida
nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que
nos guste o que facemos" (GOETHE)