Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

OS DA CRUS DE PAU

(Val do Avia)

Levántate maio

que tanto dormiches,

pasou o inverno

e non o sentiches.

O maio maiado,

o maio do sol,

o maio das flores,

o maio do amor.

E veñen os maios

un ano tras outro

e as árbores todas

cheíñas de froito.

E as mellores flores

que son as mulleres

nin che teñen froitos

nin os queren tere.

¿Será que hoxe os

homes están a libar

a flor das mulleres

en vez de casar?

¿Ou serán os cartos

e os coches e os pisos

e os mobles e a roupa

antes que os meniños?

Aquí no Ribeiro

ven pouco a cigoña

e as poucas que veñen

deben vir de coña.

E a nosa Galicia

e o noso lugare

vai morrendo axiña

en vez de medrare.

Xa non se ven nenos

nas rúas de Leiro,

só se ven velliños

indo de paseo.

¿Qué será de Leiro

de aquí a cen anos?

Non temos futuro,

tan só o pasado.

(Leiro, maios 2004, estas son as coplas que levaron o 1º premio)

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas