Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

ENCONTROS COA TRADICION

     O sábado día 7 de febreiro de 2004 empezaron no Pazo dos Ulloa de Esposende os "ENCONTROS COA TRADICCIÓN". Moderados por Clodio, cinco sabios das comarcas do Ribeiro e do Arenteiro falaron con ledicia e tino das súas lembranzas de xuventude. Hoxe tocou falar do tema das "festas". Foi un encontro moi ameno e interesante. A xente maior é un pozo de sabedoría. E convén que ese tesouro non se perda. Esta primeira xuntanza foi todo un éxito: os participantes pasárono ben e dixeron cousas moi interesantes; houbo incluso público escoitando a conversa; houbo tamén representación do periódico "LA REGION". Rematamos todos moi contentos. Así saiu a noticia no periódico LA REGION do domingo día 8 de febreiro 2004, na páxina 19, baixo o título: LOS ABUELOS GRABAN SU MEMORIA EN CD.

Aquí temos algunhas fotos:

Ver mais fotos de esposende

     O sábado 14 de febreiro de 2004, dende as cinco ata as oito do serán, seguiron en Esposende os "ENCONTROS COA TRADICIÓN". A xente atópase cada vez máis na súa salsa. É un proxecto xenial.

     O sábado, día 28 de febreiro de 2004, ás 17:00, continuaron no Pazo dos Ulloa de Esposende os "ENCONTROS COA TRADICIÓN". Catro persoas -dúas de San Andrés, unha de Beade e outra do Carballiño- conversaron durante dúas horas contando como eran as festas dos seus pobos nos tempos da súa mocidade. Clodio levou, como sempre, con arte e mestría o fío da conversa. O lume da lareira non parou de arder. E, pechando os ollos, subimos ó ceo e voamos co seu fume ó tempo lonxano dos soños e das lembranzas. Os que asistimos como público pasamos unha fermosa tarde. Fotos aquí.

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas