Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

INICIO
Presentación
Historia
Feitos
Bacelos
Maios
Encontros
Curso viño
Curso mocidade
De cine
Fotos
Prensa
Ridimoas
Lingua
Don Alvaro
Frases
Pazo dos Ulloa (turismo rural)

 

     Conta Clodio que hai probas de que nos anos vinte do século XX se celebrou en Leiro a festa dos maios. A Asociación Álvaro das Casas está recuperando para esta fermosa vila asentada na beira do Avia a celebración desta festa tradicional. De momento xa van tres anos consecutivos nos que se celebra a festa dos maios do Ribeiro na vila de Leiro: 2004, 2005 e 2006.

MAIOS DE LEIRO: ANO 2006

     O día 7 de maio do ano 2006 celebrouse de novo en Leiro a festa dos maios.

     No apartado de MAIOS ARTÍSTICOS presentáronse tres:
-
A Gaita (de Rosa e Sara (Lamas)),
-
O pozo do Chao de Leiro,
-e O cruceiro do Olmo.

     No apartado de MAIOS TRADICIONAIS presentáronse cinco:
- O da casa da cultura do concello de Ribadavía (de forma piramidal),
- o de As Danzarinas de Berán (tamén de forma piramidal),
- o dos fíos de seda,
- o das carrascas
- e o dos pampullos (estes dous últimos feitos polos alumnos de 5º e 6º do colexio Pardo Bazán de Leiro.

     Presentáronse tamén cinco coplas:
- A boda do ano.
- Fíos de Seda.
- Cepas do Ribeiro.
- e Aquí estamos.

 

Os premios quedaron repartidos da seguinte maneira.

Premios:

Maio tradicional:

1º premio: A Gaita...................................... 150 euros
2º premio: O pozo do Chao de Leiro.......... 100 euros

Maio artístico:

1º premio: As danzarinas de Berán............. 150 euros
2º premio: Fíos de Seda............................... 100 euros

Coplas:

1º premio: A boda do ano............................ 100 euros
2º premio: Fíos de Seda................................. 50 euros

Premio ós colexios que presentes os mellores maios:

1º premio: As carrascas............................... 100 euros
2º premio: Pampullos .................................... 50 euros

 

Ademáis tódolos participantes recibiron unha rosca e os que non levaron premio recibiron 30 euros.

A festa estivo moi animada e concurrida.

ver FOTOS

Coplas maios 2006

MAIOS DE ANOS ANTERIORES

 

Celso, Pepe, DON CARLOS CERVIÑO AMEIJEIRAS, e Bieito Ledo.

Este é o maio,
maíño é;
e ste é o maio
que baila de pé.

Este é o maio
que vai polas hortas
cargadiño
de mazarocas.

Eu leveille o maio
a unha señorita
e non tiña que dar
mais que a falda e a camisa.

Eu leveille o maio
a unha costureira
e non tiña que dar
mais que a punta da tixeira.

(Estas coplas foron recollida o día 6-5-2006 en San Clodio por Celso Dominguez da boca de CARLOS CERVIÑO AMEIJEIRAS (de 77 anos de idade, segundo pola dereira na foto de arriba), quen as aprendeu cando era neno da boca da súa mai MARIA AMEIJEIRAS GONZÁLEZ. E Don Carlos Cerviño Ameijeiras dice que estas complas teñen mais de cen anos. O cal proba que a tradición dos maios é moi antiga no concello de Leiro)

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas