Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

COLLEITA 2004

MÁIS GALEGA

     Sabemos que o mercado é moi dinámico e está en permanente fervura pero que a lingua é un factor de identificación das empresas e dos produtos: hai produtos que se asocian moito a unha cultura e a unha lingua e por iso se vehiculan preferentemente en inglés ou en francés ou en italiano, aínda que sexan elaborados en países que non falan esas linguas; e que hai outros produtos que se asocian preferentemente á terra na que se producen. Os viños están entre estes productos nos que o lugar de produción é determinante e identificador. Comercialmente primeiro recoñécese a orixe: Porto, Carcavelos; Rioja, Ribera del Duero, Xerez; Champán, Bordeaux; Baden – Wüttemberg, Seewein; Ribeiro, Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra e Rías Baixas. A marca vén despois.

     Sabemos que os viños son hoxe produtos ligados á terra e á súa cultura e por iso recoñecemos que a lingua galega está presente de maneira case exclusiva en todo o noso proceso de produción, dende o coidado das cepas e a extracción da uva, ata o final do proceso de vinificación e inicio da comercialización.

     Sabemos que, pola vinculación dos viños ás terras que os producen, xa existen no sector do viño empresas relevantes que dende hai anos taballan en galego e que corren coa etiqueta en galego os mercados europeos e americanos sen repercusión comercial negativa senón, máis ben, positiva.

     Sabemos que a lingua galega está presente en todo o territorio galego e, con maior ou menor intensidade, en tódolos sectores e idades, o que a converte nunha lingua axeitada para a relación comercial.

     Sabemos que existe un progresivo aumento da rotulación comercial en galego, que contribúe a facer máis visible a lingua galega que todos sabemos que está por todas partes.

     Sabemos que o galego non é un atranco comercial ou un problema de comunicación, senón un factor de penetración no mercado, porque, ademais, existen consumidores, nunha porcentaxe pequena pero significaiva, que preferimos os produtos e os servizos que se nos ofrezan en galego e que, ademais de mirármo-la marca, miramos tamén a lingua da etiqueta. É dicir, a lingua galega non é un compromiso que se converte nunha carga comercial senón que, ó contrario, é nalgunha medida un factor de mercado.

     Sabemos que, mesmo fóra de Galicia, son moi baixos os índices de rexeitamento na poboación ó uso comercial do galego, precisamente porque no mercado do viño é moi importante a vinculación do produto final a unha terra e a unha cultura.

     Sabemos que o noso mercado é e debe ser tamén o mercado internacional. Desprazados noutros tempos os nosos viños do mercado internacional por decisións de política internacional, que favoreceron que o viño do Porto ocupase o noso lugar, os viños galegos volven hoxe con forza a ese mercado. Queremos que estean nel e que o percorran coa mensaxe de que este viño está elaborado e criado coas mellores uvas e unicamente con elas, con artes e procesos característicos desta terra. Por esa razón a lingua que mellor lle acae ó proceso final de comercialización é a lingua que aquí se fala coas nosas cepas, a lingua galega; ela acompaña o amoroso coidado das cepas, das uvas e das cubas. Ningunha outra lingua como ela pode darlle ós nosos viños o certificado de autenticidade, ese plus de orixinalidade e de raza. Por iso escollemos esta lingua para vehicular todo o noso proceso agrícola, fabril e comercial.

     Queremos que por onde vaia o noso viño, vaia a nosa lingua. Así, quen beba o noso viño beberá as nosas palabras. Os nosos viños e a lingua galega fan bo xuntoiro e andarán o mundo enteiro como dous namorados, sendo un compañeiro e caxato do outro. Así, dende a cepa á boca, unha mesma garantía de oríxe: Galicia.

(Coido que este fermoso texto foi redactado polo insigne galego DON XESUS FERRO RUIBAL)

ADHESIÓNS

Avelino Abuín de Tembra, presidente do Patronato Pedrón de Ouro
Marcelino Agis Villaverde, vicerreitor Universidade de Santiago de Compostela
Rosa Álvarez, actriz
Xosé L. Baltar Pumar, presidente da Deputación Provincial de Ourense
Carlota Álvarez Basso, directora do Museo da Arte Contemporánea
Salomé Álvarez Blanco, vicepresidenta do Parlamento de Galicia
Alfonso Álvarez Gándara, decano Colexio de avogados de Vigo
Monseñor Miguel Ángel Araújo Iglesias, bispo emérito
Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente Real Academia Galega
Senén Barrio Ameneiro, reitor Universidade de Santiago de Compostela
Xosé Xoán Barreiro Prado, maxistrado
Xosé Manuel Beiras Torrado, Presidente do Consello Nacional e voceiro do BNG no Parlamento de Galicia
Domingo Bello Janeiro, director Escola Galega de Administración Pública
Uxía Blanco, actriz
Xosé Luís Blanco Campaña, periodista
Alfonso Cabaleiro Durán, secretario xeral para as relacións cos medios informativos da Xunta de Galicia
Andrés Couñago Laxe, animador cultural
Manuel Camaño Suárez, aparellador
Francisco Campos Freire, director xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia
Guillermo Campos Piñón, periodista
Sonia Castelo Pérez, actriz
Ramón Castromil Ventureira, vicepresidente do Consello da Cultura Galega
Xosé M. Cid, decano da Facultade de Humanidades da Universidade de Vigo
Ernesto Chao, actor
José Ramón Cólera Leirado, oficial maior do Parlamento de Galicia
Alfredo Conde Cid, escritor
César Cunqueiro, notario
Xosé Diaz Arias de Castro, deseñador
Isaac Díaz Pardo, empresario
Monseñor José Diéguez Reboredo, bispo de Tui-Vigo
Celso Domínguez, colleiteiro
Domingo Docampo Amoedo, reitor da Universidade de Vigo
Antonio Durán "Morris", actor
Xerardo Estévez Fernández, arquitecto
Antón Fernández Álvarez, vicerreitor Universidade de Vigo
Francisco Fernández del Riego, escritor
Fernando Fernández Leiceaga, maxistrado
Demetrio Fernández López, presidente do Consello Galego de Relacións Laborais
Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación Provincial de A Coruña
Julio Fernández Rodriguez, presidente de Filmax Entertainment
Emilio Fernández Vázquez, inspector-xefe do Corpo Nacional de Policía
Víctor Ferreira Montero, empresario
Xesús Ferro Ruibal, filólogo
Xoán Fonseca Moretón, funcionario de administración local
Xosé Fortes Bouzán, coronel
Xosé Luís Franco Grande, escritor
Fernando Franco, periodista
Xosé Freire López, secretario xeral do Sindicato Unificado da Policía
Manuel Gallego Jarreto, arquitecto
Salvador García Bodaño, escritor
Xosé María García Leira, presidente do Parlamento de Galicia
Luís Manuel García Mañá, comisario- xefe provincial do Corpo Nacional de Policía de Ourense
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, presentador de programa "Luar" da TVG
Xosé A. Gómez Segade, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela
Domingo González González, director Centro Rexional TVE en Galicia
Manuel González González, secretario da Real Academia Galega
Xosé González Martínez, presidente Fundación Premios da Crítica Galicia
Xesús Pablo González Moreiras, director xeral de Política Lingüística
Clodio González Pérez, etnógrafo
Xosé C. González Sierra, director Museo Etnográfico de Ribadavia
Luís González Tosar, presidente Pen Club - Galicia
Miguel González Trigás, presidente Consello Galego de Avogacía
Manuel Guede Oliva, director Centro Dramático Galego
Victorino Gutiérrez Aller, notario
Modesto Hermida García, inspector de ensino
Xoán C. Horro González, fiscal
Xaime Isla Couto, presidente do Consello de Administración da Editorial Galaxia
Uxio Labarta, biólogo
Jorge Lamas, periodista
Bieito Ledo Cabido, editor
Xosé L. Legido Soto, catedrático Universidade de Vigo
Enrique León Calviño, comisario-xefe do Corpo Nacional de Policía de Santiago de Compostela
Manuel Lombao Lombao, director centros rexionais de TVE
Álvaro López Mira, profesor Universidade de Vigo
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo
Eduardo López Pereira, director xeral de universidades
Ana López - Suevos Fraguela, maxistrada
Antón Louro Goyanes, deputado
Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
Manuel Mariño Castro, comisario- xefe do Corpo Nacional de Policía en Vigo
Francisco Xabier Martínez Cobas, vicerreitor Universidade de Vigo
Andrés Mazaira, vicerreitor Universidade de Vigo
Xoaquín Monteagudo Romero, secretario administración local
Benito Montero Prego, fiscal
Avelino Muleiro García, presidente Asociación Álvaro das Casas
Xosé Neira Vilas, escritor
Francisco Novoa Rodríguez, director Grupo Academia Postal
Carlos Núñez Pombo, mestre
Mario Orjales Pita, sociólogo
Carlos Pajares Vales, catedrático Universidade de Santiago
Cristina Pato, gaiteira
Emilio Pérez Touriño, secretario xeral dos Socialistas de Galicia e Portavoz no Parlamento de Galicia
Carmen Pérez Vaquero, secretaria da fundación Lois Peña Novo
Cuqui Piñeiro Álvarez, xerente de Arte Bronce Fundición
Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, presentador de "Supermartes", de TVG
Luis Pousa Merén, periodista
Antón Pulido Novoa, pintor
Anxo Quintanilla Louzao, director da Televisión de Galicia
Luis Quinteiro Fiuza, bispo de Ourense
Xaime Rei Barreiro, alcalde de Redondela
Antón Reixa, director de cine
Xosé Benito Reza Rodriguez, enxeñeiro de montes
Amado Ricón Virulegio, presidente do IGAEM
Xulio Ríos, director do IGADI
Xosé Manuel Rodríguez Abella, xefe servicio educación do Concello de Santiago
Miguel Angel González Rodriguez González, periodista.
Xosé A. Rodríguez Vázquez, catedrático
Juan Rúa, notario
José A. Salgado Rodriguez, comisario-xefe provincial de Pontevedra do Corpo Nacional de Policía
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela
Susana Seivane, gaiteira
Antón Seoane, músico do grupo Milladoiro
Santiago Sineiro García, xerente de Sargadelos,S.L
Agustín Sixto Seco, presidente da Fundación Otero Pedrayo e Patronato Rosalía de Castro
Xesús Taboada Cid, rexistrador, Rexistro Mercantil de Ourense
Teresa Táboas Veleiro, decana do Colexio de Arquitectos de Galicia
Suso de Toro, escritor
Carlos Varela García, fiscal-xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Fernando Vázquez Arias, compositor
Cándido Vázquez Mosquera, traballador da Administración Local
Ramón Villares Paz, director para Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas