| ASOCIACION ALVARO DAS CASAS | |||||||
MEMBROS DESTACADOS DA ASOCIACIÓN ALVARO DAS CASAS
Setembro de 2005: Xosé González Martínez é nomeado para formar parte dunha comisión de catro persoas asesoras da secretaría xeral de política linguística. Noraboa .
10 de setembro de 2005: Xosé Carlos Sierra -un dos membros desta asociación Alvaro das Casas- acaba se ser nomeado delegado de Cultura para a provincia de Ourense. Noraboa .
19 de agosto de 2005: Xosé Benito Reza -un dos membros fundadores desta asociación Alvaro das Casas- toma posesión do seu cargo de Director Xeral de Conservación da Natureza (dependente da consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible que dirixe o conselleiro Manuel Vazquez Fernández -que foi alcalde do Carballiño durante dez anos-). Noraboa.
O noso presidente AVELINO MULEIRO pronunciou o Pregón da Festa da Saleta, de San Cristovo de Cea, ás 10 da noite do venres 24 de setembro de 2004. Veleiquí tedes o fermoso pregón a texto completo.
Luis M.García Mañá, novo Xefe Superior de Policía de Galicia. Luis M. García Mañá, entre outras moitas cousas, tamén é menbro da Asociación Álvaro das Casas. Dende aquí damoslle ó noso amigo Luis a nosa máis cariñosa e cordial NORABOA.
O noso amigo Xosé González Martinez, recibe a MEDALLA CASTELAO. Noraboa.
O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se concede a Medalla Castelao 2004, coa que o Executivo autonómico distingue aqueles galegos e galegas que sexan autores dunha obra merecedora do recoñecemento do seu pobo no eido artístico, literario, doutrinal ou de calquera faceta da actividade humana. Esta medalla foi creada en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o 28 de xuño daquel ano.
Os galardoados este ano son: o Arquivo da Emigración Galega; a profesora e coreógrafa María Dolores Daparte Souto, emigrante en Brasil; a presidenta do grupo de empresas El Progreso, Blanca García Montenegro; o funcionario municipal de Redondela Xosé González Martínez, que destaca pola súa activa promoción do galego; e o catedrático de paleografía Manuel Lucas Álvarez.
Tamén son recoñecidos coa Medalla Castelao 2004 o labor da presidenta da Fundación Paideia, dedicada á defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, Rosalía Mera Goyenechea; o grupo musical Milladoiro S.C.; Rosa Puente Foglia, polo seu labor de promoción da cultura galega en Arxentina; o pintor e debuxante Jaime Quesada Porto, máis coñecido como Xaime Quessada; e o secretario xeral de ANFACO Juan M. Vieites Baptista de Sousa.
Segundo se recolle no decreto de creación deste galardón, a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras e do labor dos galardoados coas Medallas Castelao debe ser o froito da entrega dunha vida e o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo. Neste sentido, a Medalla Castelao pretende servir de exemplo á obra daqueles galegos que deben ser guía para futuras xeracións que queiran seguir engrandecendo a realidade de Galicia.
Esta noticia está sacada
desta páxina da web da xunta: http://www.xunta.es/periodico/medallas2004/castelao/
Según dí La voz de Galicia, o día 16-6-2004: O carballiñés Carlos Varela será desinado Fiscal Xefe de Galicia. Dende esta web queremos darlle a nosa máis sincera e cordial noraboa a este carballiñés amante da súa terra e que entre outras moitísimas cousas tamén é membro da Asociación Álvaro das Casas. ¡Noraboa, Carlos!
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
Benvid@, estás na túa casa
Contador