Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

INICIO
Presentación
Historia
Feitos
Bacelos
Maios
Encontros
Curso viño
Curso mocidade
De cine
Fotos
Prensa
Ridimoas
Lingua
Don Alvaro
Frases
Pazo dos Ulloa (turismo rural)

 

XOSÉ BENITO REZA

 

     Xosé Benito Reza naceu en Celanova. No ano 1990 tiven a sorte de coñecer ó seu pai que daquela exercía como avogado na devandita vila de Celanova. Era un avogado dos de antes, dos que coñecían todos os recovecos das leis e das costumes que rixen a vida galega. Creo que soio o vin unha vez, pero a súa imaxe quedoume gravada. Un home con personalidade.

     E o seu fillo leva no cerne esa misma leña herdada do seu pai. Xosé Benito é tamén un home cunha forte personalidade. Un home tranquilo, sereno, amigable. Tiven a sorte de coñecelo o día en que puxemos en marcha esta asociación Alvaro das Casas. E dende entón coincidín con él en varias ocasións. E a súa presencia sempre me resultou moi grata. É un home que irradia ondas positivas ó seu redor. Un home que sempre desexas que asista a calquera xuntanza á que vas e na que pensas que tamén pode que él vaia. Un home co que se está ben.

     O novo director xeral de Conservación da Natureza é enxeñeiro superior de Montes. A súa traxectoria profesional está moi vencellada á recuperación de espazos naturais e á súa conservación. Dende 1981, Xosé Benito Reza, entre outras cousas, foi: Xefe de Sección do Servicio de Montes; Xefe do Servicio de Medio Ambiente Natural; Xefe do Servicio Galego de Espacios Naturais Protexidos; Xefe do Servicio de Conservación da Biodiversidade e Xefe de Área do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais.

     Tamén foi: Director-Conservador do Parque Natural "O Invernadoiro"; Coordinador do Programa Interparques (Interreg II) do Parque Nacional "Peneda-Gêres" (Portugal) e "Baixa Limia-Serra do Xurés"; director do proxecto de recuperación das areeiras limiás; Coordinador como Xefe de Servicio de Conservación da Biodiversidade da Proposta da Rede Natura 2000 para Galicia; coordinador-redactor da Estratexia Galega de Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade.

    E tamén foi membro da Comisión de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente da Comunidade de Traballo "Galicia-Norte de Portugal e da Sección Española (SPARC) da Federación de Parques Naturais e Nacionais de Europa (EOROPARC-Alemania), así como Responsable en Galicia do Programa "PARTNERSHIP-EXCHANGE" de colaboración entre a Federación de Parques Nacionais e Naturais de Europa (EUROPARC) e América Latina.

     Xosé Benito Reza é tamén un marabilloso escritor. Ten varios libros escritos, entre eles un moi fermoso que fala dos Ancares. A súa prosa é moi rica. Cando fala da natureza domina coma naide a linguaxe, coñecendo as verbas precisas para nomear a cada cousa, cada cor, cada sensación. Describe a paisaxe de tal xeito que a súa prosa parece case como se en vez de estar feita de letras estivera feita de imaxes. Estás lendo e parece que estás vendo, visualizando o que conta ou describe. Aparte das moitas cousas publicadas Xosé Benito ten tamén moitas cousas inéditas, e entre elas un libro sobre o macizo central Ourensano, no que tamén se fala de Camba (o pobo onde eu nacín). ¡Canto me gustaría poder ver este libriño publicado!.

     Xosé Benito Reza tamén colabora habitualmente en diversas publicacións, imparte clases sobre medio ambiente nas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo, seminarios e conferencias e asiste a reunións de carácter nacional e internacional.

     Tamén forma parte de diversas asociacións de interese arqueolóxico e histórico. É un home social e participativo. Que entende coma naide o traballo en grupo. Entre outras moitas cousas é Secretario da Asociación de veciños do Couto Mixto e membro fundador da Asociación Alvaro das Casas.

     Pero para nós Xosé Benito Reza é sobre todo un amigo, un home bo e amigable, que coida os seus amigos e que tamén coida é defende á nosa mai e amiga terra, terra, ¡terra galega!. Este recuncho marabilloso onde vivimos en onde han de vivir os nosos fillos e netos. E defender a terra significa defender a lingua, a cultura, a natureza, a paisaxe... Nunca esqueceréi aquela conferencia que impartiu Xosé Benito Reza en Ribadavia, o 18 de octubre de 2003, sobre “A protección do patrimonio natural”, na que nos deixou no aire esta pregunta: "¿Cánto vale unha paisaxe?". Un home que se fai estas preguntas é dende logo un home sensible que leva no seu cerne un amor á natureza galega que nos garantiza que vai facer todo o que poida por conservala en bo estado para os nosos fillos e netos. Un home con boas raices para ser un bo director xeral de conservación da natureza.

(Juan, 28-08-2005)

 

 

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas