Cabeceira

ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

INICIO
Presentación
Historia
Feitos
Bacelos
Maios
Encontros
Curso viño
Curso mocidade
De cine
Fotos
Prensa
Ridimoas
Lingua
Don Alvaro
Frases
Pazo dos Ulloa (turismo rural)

 

XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ

 

     Xosé González Martínez naceu en Vigo no 1950.

     Dende os 17 anos adicouse en corpo e alma á defensa de Galicia. A súa teima foi sempre a mesma: despertar na xente que vive nesta terra o orgullo de seren galegos e o aprecio e o amor á lingua e a cultura galegas. Galeguizar. Atraer xente ó galeguismo.

     A Xosé non lle gusta o protagonismo. Prefire botar as cousas a andar e non lle importa que outros se colguen as medallas. A él chégalle coa satisfacción íntima de saber que algo se fixo por promocionar a nosa língua. Ainda que él poña o traballo e outros leven os méritos. Interésalle mais o resultado das accións galeguizadoras que aparecer como motor delas. Pensa que o importante é facer equipos, dinamizar grupos, alentar a outros a que coas suas propias capacidades e talentos contribúan a arrequece-lo noso patrimonio identitario. Gustalle poñer a todo o mundo a traballar a prol do galego: dende o presidente da Xunta ata calquera anónimo estudante de ESO. E como ten unha fe cega no que fai non se arreda diante de nada nin de naide. A súa tarefa galeguizadora abrangue a todos os sectores: conductores de autobús, xuíces, policías, sindicatos, catedráticos, xerentes de supermercados, estudiantes, alcaldes, conselleiros, mestres, notarios, avogados, procuradores... Predica a lingua galega a todo o mundo.

    Xosé González Martínez é o Presidente da FUNDACION PREMIOS DA CRÍTICA DE GALICIA, que dende fai moitos anos ven traballando a prol da defensa e da promoción da cultura galega. Semente fecunda de galeguidade. Tronco inicial do que xermolan outras moitas asociacións, fundacións e grupos adicados a revitalizar a nosa identidade galega.

     Xosé está detrás de moitas iniciativas galeguizadoras. Entre outras moitas podo citar as seguintes que levou a cabo a Asociación de Funcionarios para a Normalización linguística de Galicia:

-Contos do Castromil. 45 relatos en galego encargados a outros tantos autores para editalos e logo repartilos de balde en tódalas liñas do Castromil. E despois diso bautizáronse os autobuses con nomes de escritores falecidos.

- Publicacións como: "Lingua e Dereito", "Lingua e Administración", "Revista de Administración Galega"... Con esto regaleguizouse en boa medida o sector dos funcionarios públicos.

     Xosé fixo e fai outras moitas cousas. Por exemplo estas: dirixe na editorial IR INDO a colección "Galegos na historia", motivou a Xesús Ferro para que publicase o libro "Refraneiro da Xustiza" e para que coordinase un equipo que elaborou o "Diccionario dos nomes galegos". A súa man invisible tamén estivo alentando a publicación doutros libros como: "Homenaxe a Francisco Fernandez del Riego", "Un futuro para a lingua", "Formulario Notarial" (De Victorino Gutierrez Aller), "Contos da policía", "Contos da Xustiza", e un longo etc. Tamén alentou as publicacións que levaron a cabo intitucións diversas como por exemplo a Asociación de Amigos do Couto Mixto, a Asociación Alvaro das Casas, o Concello de Redondela, etc.

     Atópase tamén detrás de iniciativas como o Premio Blanco Amor, hoxe decano dos existentes, para o que conseguiu unir os concellos galegos no financiamento dun premio literario para unha obra longa.

     E tamén impulsou a creación de moitas asociacións e fundacións que defenden Galicia e a lingua galega, tales como: Fundación Lois Peña Novo, Asociación Alvaro das Casas, Asociación Xuristas en Galego...

     As súas teimas constantes son as de galeguizar a xustiza, a administración, a empresa, e todos os demáis sectores da sociedade galega.

     A súa vida é un contínuo traballo adicado a atraer novos personaxes á galeguidade. Deu e segue dando a súa vida por Galicia e pola lingua galega. Sen escatimar esforzos. E como recoñecemento ó seu traballo concedéronlle a Medalla Castelao no ano 2004.

     Xosé é funcionario municipal no Concello de Redondela e no mes de setembro do ano 2005 nombrarono para formar parte dunha comisión de catro persoas encargada de asesorar á secretaria xeral de política linguística.

    A vida de Xosé non tería sentido se non fora pola súa loita pola difusión do idioma galego. E Galicia sería diferente se non tivera existido o traballo que Xosé leva feito durante máis de trinta anos. Traballo que moitas veces queda na sombra ainda que os froitos saen á luz sen que naide se decate de cal é a árbore da que proceden.

     Xosé é calado, tímido, reservado. Pero ten fe no que fai, e por eso move montañas.

(Juan, 25-09-2005)

 

 

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


Benvid@, estás na túa casa

a@galicias.com

Contador

© Asociación Alvaro das Casas