| ASOCIACION ALVARO DAS CASAS |
|||||||
INTERVENCIÓN DE DON XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ.
Señoras e Señores:
En 1985 -¡moito choveu dende entón!- o poeta celanovés, Manuel Curros Enríquez, escribeu un artigo na revista que el dirixía en La Habana, "La Tierra Gallega", que eu quixera comenta, aínda que brevemente.
Denunciaba Curros Enríques ós colleiteiros do Ribeiero que adulteraban os viños con xeso e amílico, por exemplo, "que entraron como factores indispensables-dicía- na criminal adulteración. Deste xeito desaparecían as virtudes dos nosos exquisitos productos, as súas propiedades tonificantes, o seu inconfundible arrecendo, quedando só como resultade de semellantes combinacións, un líquido case explosivo, moi grato ó padal das xentes do bronce, pero insoportable para os padais finos e os estómagos delicados".
Ó carón desta crítica gababa a actitude honesta e patriótica doutros que loitaban pola dignificación dun producto que abría mercados na república Arxentina, por exemplo. Ademais -seguía dicir Curros- o patriotismo destes señores lévaos a utilizar nas súas marcas nomes como Salto do can, enxebre, Vieira do Miño e Ribeiro,
Moitos anos máis tarde a UCRA (Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia) retomaba esa filosofía, sentando as bases do novo cooperativismo , máis conectado coa realidade cultural e lingüística do país. Polo seu interese publicamos aquel texto fundacional e o comentrio crítico do profesor Luís Domínguez Castro.
A identificación dos viños do Ribeiro coa cultura galega teñen hoxe aquí, nas adegas premiadas, dous exemplos clasros de cómo se pode crear economía, xerar riqueza e identifica-los productos coa cultura e lingua galegas.
Pero desgrazadamente non todos pensa o mesmo cá nós. E iso é o preocupante. Por que a Galicia cómprenlle empresarios máis identificados coa súas raíces, liberados dos vellos e nocivos complexos que non axudan nada a singulariza-los nosos productos nun mercado cada vez máis globalizado e competitivo.
Solaparte nunha lingua allea, señores adegueiros e colleiterios, co argumentos de que así poden vender máis e noutras latitudes, é un erro, unha argallada moi doada de desmontar. Porque o problema dos mercados non se resolve vehiculizando os productos a través dunha lingua dominante. O padal non entende de lingua. O padal é máis esixente : quere calidade. Así que aqueles que queiran leva-los seus productos alén das nosas fronteiras que modifiquen a súa filosofía.
Estes complexos dos que lles estou a falar tráenme a miña memoria sucesos aínda non moi lonxanos no tempo, dos que foron protagonistas moitos desnorteados que se opuñan a que as receitas médicas do Sergas estivesen impresas en galego, porque -dicían con evidente pervesidade "poden ter consecuencias incalculables para a saúde dos galegos". Ou aqueles outros que receaban do uso da lingua galega no ámbito xudicial "porque provocaba indefensión xurídica". Por dicir dixeronse tantos disparates que houbo quen chegou dicir que a utilización dos topónimos galegos nos sinais de poboación desorientaba ós extranxeiros con evidentes prexuízos económicos para Galicia (!).Vivimos atados ós prexuízos como os condeados ás cadeas. É unha constante na mentalidade dos galegos e iso nótase na opinión que teñen de nós ou na escasa presencia nos foros onde se dirimen o futuro dos pobos.
Cos nosos productos pasa outro tanto. Preferimos utiliza-lo castelán e non o galego. Buscámo-lo recurso doado e falso de que así se nos pode entender mellor, tratando ós consumidores de incautos e pensando que así estaremos máis presentes nos mercados. ¿Venden acaso menos os adegueiros irlandeses ou os fabricantes de champán franceses por etiquetaren as súas botellas nas respectivas linguas? ¡Non, home, non! Os quedixos franceses ou holandeses son famosos no mundo enteiro e os consumidores non os rexeitan por estaren etiquetados en linguas alleas.Os consumidores prefírennos polas súas cualidades. A lingua actúa como un elemento diferenciador. É máis, un bo champán francés etiquetado noutra lingua que non fose a de Voltaire espertaría receos no consumidor.
Os consumidores galegos, afeitos como estamos a consumirmos productos extranxeiros, etiquetados en linguas distintas da nosa, debemos recabar dos fabricantes galegos, que nos ofrezan as súas mercadorías etiquetadas na lingua maioritaria dos galegos. Tal era a mensaxe do manifesto da UCRA e tal é a tradición que debemos recoller, para que Galicia sexa unha terra respectada.
Xosé González Martínez. Membro da Asociación Álvaro das Casas
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
Benvid@, estás na túa casa
Contador